Praza do Concello nº12, Salceda de Caselas, 36470 Pontevedra

+34 986 349 003

CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS

DEPENDENCIAS MUNICIPAIS

ESPAZOS PARA A CIDADANÍA

Salceda de Caselas dispón de diferentes espazos que cubren unha ampla gama de servizos e necesidades da comunidade.

AUDITORIO MUNICIPAL

Situado a carón da Casa do Concello.

  • Enderezo: Praza do Concello nº12, 3470 Salceda. 
  • Aforo: 299 butacas.
  • Dous espazos para cadeiras de rodas.

CASA DA CULTURA ADR CASTELAO

Antiga Casa Consistorial de estilo neobarroco galego do ano 1918 reformada no ano 2010. Acolle a biblioteca municipal, OMIX, OMIC e sala de exposicións.

biblioteca@salcedadecaselas.gal

  • Enderezo: Praza do Concello 7, 36470 
  • TLF. 986 340 543
  • OMIX : Oficina Municipal de Información Xuvenil.
  • omix@salcedadecaselas.gal
  • OMIC: Oficina Municipal de Información de Consumo.

CDL O TORRÓN

Edificio destinado a formación, emprego e viveiro de empresas, que acolle os servizos de Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, Orientación Laboral. PIES e Obradoiros de Emprego.

  • Enderezo: O Torrón s/n Entenza, 36471 Salceda.
  • tle@salcedadecaselas.gal
  • TLF. 986 347 864.

CENTRO SOCIAL A DEVESA

Antigo cuartel da Garda Civil reformado no ano 2023, que serve de sede a diferentes asociacións:

– Asociación de persoas xubiladas e pensionistas

– Asociación de mulleres rurais Caselas

– Coral Polifónica de Santa María

 

  • Enderezo: Rúa Vigo nº1, 36470 Salceda

PRAZA DE ABASTOS

Ofrece postos fixos de carnicería e froitería. Os mércores, día de mercado semanal, ofrece nas súas bancadas numerosos postos de peixe fresco.

  • Enderezo: Rúa Pontevedra s/n 
  • Horario: luns e mércores de 9 a 14, martes, xoves, venres e sábados de 9 a 14 e de 16.30 a 20

PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES

O Pavillón Municipal ubicado no complexo deportivo de Altamira acolle as oficinas das Escolas Deportivas de Salceda, Club Balonmán Caselas e Club Baloncesto Caselas, así como os adestramentos dos diferentes equipos e clubes do municipio.

  • Enderezo: Rúa Rosalía de Castro, 3470 Salceda. 
  • TLF. 986 349 513, 680 400 978.
  • deportesalceda.gal

COMPLEXO DEPORTIVO PENEDO REDONDO

Campo de fútbol de céspede artificial que acolle as oficinas da Escola de Fútboil Denis Suárez, así como a actividade de diferentes equipos de fútbol de Salceda de Caselas.

  • Enderezo: A Revolta, Parderrubias, 3472 Salceda.

PISCINAS MUNICIPAIS

As Piscinas Municipais de Salceda ofrecen vasos diferenciados para persoas adultas e rapazada. Permanecen abertas nos meses de verán, ofrecendo ademais cursos de natación.

  • Enderezo: Rúa Gándara, 3470 Salceda. 
  • Abertas o público os meses de xullo e agosto.

CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DA GÁNDARA

Campo de fútbol de herba natural que serve de sede do Caselas FC

  • Enderezo: Av/ de Galicia 67, 3470 Salceda. 
  • TLF. 986 349 513.