Un total de seis agrupacións participaron no evento, chegadas dende moi diferentes puntos da xeografía da península: o Rancho de Reis do Casco Vello de Vigo, o Entroido de Cobres (Vilaboa), o Grupo de danzas de Hoyocasero (Ávila), o canto de reis do grupo O Serán (Salceda), e a anfitriona, a Asociación Cultural A Feira, que presentou o seu rancho de Reis, rancho de Entroido, e o ranchiño.