Chegan as vacacións de semana Santa e precisas un servizo de conciliación? Gustaríache que a túa crianza goze, aprenda e faga comunidade nun entorno seguro?
O Concello de Salceda de Caselas, en colaboración coa ANPA Altamira e coa Asociación Amig@s da Música, organiza un campamento Urbano para o período sin cole durante a Semana Santa, favorecendo a conciliación familiar e a corresponsabilidade.
O prazo de inscrición comezará o próximo luns día 16. Para inscribir a túa crianza poderás facelo de xeito presencial no rexistro xeral do concello ou si prefires podes facer a solicitude de xeito telemático. Para iso só precisas cubrir unha instancia xeral na sede electrónica do Concello cos teus datos e anexar o formulario de inscrición do campamento que atoparás na páxina web do Concello ou no enlace que che deixamos a continuación.
Completa todos os datos e presenta unha solicitude por cada menor!
As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de rexistro. A listaxe de persoas admitidas sairá publicada o venres 20 de marzo na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello.




Comentarios recientes