Conecta Mocidade é un campamento urbano que mestura a educación no uso responsable das novas tecnoloxías co ocio e o deporte. Está destinado a nenas e nenos de 8 a 12 anos de idade que durantes os días 21, 22, 23 e 24 de xullo gozarán, socializarán e aprenderán compartindo momentos e experiencias.
Esta actividade é de balde para as persoas participantes. O seu prazo de inscrición abre o 15 de xuño e rematará no momento no que se completen as 30 prazas (esta cifra poderá verse afectada polas necesidades específicas de cada menor e os ratios legais por monitor ou monitora). Para obter máis información poden consultarse as bases que se atopan a continuación.




Comentarios recientes