Novas

A Concellería de Deportes presenta “II 10K Concello de Salceda”

Trátase dunha carreira popular, organizada pola Concellería de Deportes e que conta ca colaboración das Escolas Deportivas Municipais.
Esta carreira realízase por segundo ano consecutivo e está enmarcada dentro da planificación deportiva desta Concellería onde queremos dar cabida a todo tipo de actividades deportivas.

O Concello de Salceda estrena nova páxina web

O Concello de Salceda de Caselas ven de poñer en funcionamento a súa nova páxina web. Con ela preténdese dar unha información directa, inmediata e, sobre todo, facilmente localizable para todos e todas os que a precisen. Un novo deseño máis atractivo, e máis funcional ven a ofrecer a actualidade do municipio dun xeito claro e conciso.