Deportes

Corre X Salceda, nova edición da carreira popular

O vindeiro domingo 7 de maio Salceda de Caselas acollerá a V edición da carreira popular que cada ano percorre o municipio organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coas Escolas Deportivas Municipais.

Melloras de aforro enerxético no Pavillón Municipal

A mellora levouse a cabo dentro das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de aforro e eficiencia enerxética na administración local 2016, da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do INEGA, financiada con fondos FEADER. Para esta acción, cóntase con un orzamento de 17.726,50 €, dos cales o Concello asume 6.739 €.

O Concello de Salceda mellora o seu Pavillón Deportivo

O Concello de Salceda de Caselas está a acometer estes días unha serie de obras de mellora no Pavillón de Deportes de Altamira, enmarcadas en diferentes liñas de axuda da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia. Nun prazo de dous meses, Salceda contará con unhas instalacións deportivas reformadas.