O Alcalde de Salceda, Marcos Besada, e a Directora Xeral de Recursos Económicos do SERGAS, Mª Jesús Piñeiro, asinaron esta mañá ante notario a recepción da parcela cedida polo Concello de Salceda para a construcción do novo Centro de Saúde por parte da Xunta de Galicia. Despois de que os servizos xurídicos da Xunta de Galicia analizasen os informes técnicos achegados polo Concello de Salceda, deron luz verde á sinatura do documento que hoxe se levou a cabo, validando así a xestión feita dende o Concello de Salceda para a cesión da parcela.
O Concello de Salceda de Caselas ten cedida a parcela ao SERGAS dende o 11 de maio de 2011, data na que se aprobou por unanimidade no Pleno Municipal. O pasado 26 de marzo de 2016, Alcalde e Conselleiro asinaban o convenio para a construcción do novo Centro de Saúde que hoxe dá un importante paso coa recepción da parcela ante notario por parte da Xunta de Galicia. O Equipo de Goberno congratúlase de que se sigan a cumplir os pasos establecidos dende a sinatura do convenio. O Equipo de Goberno agradeceu a dilixencia do Conselleiro de Sanidade e a súa boa predisposición para sacar adiante o tan necesario Centro de Saúde.
Marcos Besada: “Un dos temas prioritarios para os veciños e veciñas de Salceda está a punto de facerse realidade. Hoxe damos un importante paso na consecución do tan ansiado Centro de Saúde. Os nosos veciños e veciñas poden ter por seguro que seguiremos a poñer todo da nosa parte para que isto sexa unha realidade canto antes”.