Novas

Xornada festiva na Piscina Municipal

A Piscina Municipal de Salceda, acolle este sábado 10 de agosto, unha xornada de deporte, xogos e baile para todas as idades. A piscina manterá o seu horario de apertura e as actividades serán de 16:30 a 18:30 horas, non é necesaria a inscrición previa e só é preciso pagar a entrada habitual.

Un novo proxecto para o Caselas F.C., apostando pola canteira

O Caselas F.C., que ascendeu esta tempada a Rexional Preferente, atópase inmerso na renovación da súa directiva. Existe xa un proxecto, con afán localista, tratando de sacar adiante a súa canteira. O obxectivo, ademáis de buscar todos os apoios posibles para aumentar o número de socios, necesario para que todos estes deportistas se sintan arroupados pola súa afición.