Novas

2º Taller de recuperación de memoria

Apertura do prazo de inscrición do 2º Taller de Recuperación de memoria Trátase de diferentes actividades encamiñadas a potenciar a memoria como recurso para mellorar a calidade de vida. É decir, obradoiros para activar a memoria a través de actividades de cálculo, orientación, xogos, charlas… Un proxecto que se levará a cabo, grazas a colaboración que a oficina de La Caixa de Salceda mantén coa Concellería de Benestar, por segundo ano consecutivo.

Fotos 2º Festival Solidario de Nadal

Algunhas fotos dos participantes que colaboraron de forma altruista, grazas aos cales se conseguiron 450 Kg. de tapóns. Moitas grazas ao Bosque Animado pola iniciativa e tamén a todos os que colaboraron neste festival. Unha vez máis, Salceda Solidaria.