Novas

Luis Fernández acudirá o campionato do mundo de Slalom

Luis Fernández Pereira, nado en Salceda no ano 1997, reside agora mesmo no centro de alto rendemento de La Seu de’ Urgell, formando parte do equipo nacional xuvenil.
Campión de España como cadete no ano 2013 e claificado en 2014 como 1º xuvenil absoluto (sendo xuvenil de 1º ano) e 2º na categoría sub23.

Os escolares de Salceda coñecen o seu entorno

O CEP Altamira, en colaboración co Concello de Salceda, ven de realizar visitas cos seus alumnos de 1º ciclo (1º e 2º curso) a diversos edificios do municipio. O obxectivo é que os máis pequenos coñezan o seu entorno máis achegado, moitas veces descoñecido para moitos deles

Pasos en Ecolóxico

A Concellaría de Turismo dirixida por Loli Castiñeira, comeza unha nova etapa de turismo patrimonial enfocada dende o punto de vista enóloxico. A nova iniciativa turística nace a través da fusión entre a Bodega a Corisca e o Concello de Salceda de Caselas que crean un novo programa enfocado ao percorrido pola nosa historia para rematar no Pazo da Corisca coa cata de viño ecolóxico xunto co acompañamento de pinchos ecolóxicos.