Novas

Posta en marcha dun gabinete psicolóxico municipal

O Concello de Salceda botará a andar este ano un gabinete de atención psicolóxica que xorde ante a necesidade de proporcionar apoio e asesoramento psicolóxico individual e familiar a todas as persoas que o precisen, sendo previamente derivadas dende os Servizos Sociais. O gabinete suporá un investimento anual de 10.925 €, e estará financiado dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

O Concello de Salceda creará unha exposición permamente sobre o rancho de reis

O Concello de Salceda de Caselas destinará un total de 11.770 € á creación da exposición permanente que levará por título “O rancho de Reis de Salceda de Caselas”, que estará ubicada no hall do Auditorio Municipal. A mostra estará financiada pola Deputación de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2020.

I edición virtual da Corre X Salceda

O confinamento manda, pero dende o Concello de Salceda non están dispostos a renunciar á súa proba deportiva máis destacada, polo que veñen de lanzar unha innovadora iniciativa, que deron en chamar “Corre X Salceda, edición virtual contra o coronavirus”. E é que a carreira tiña cada ano un fin solidario, fin que se máis preciso que nunca nestes momentos.

Balance positivo da primeira saída de menores de 14 anos

O Concello de Salceda fai un balance positivo dos primeiros días de saída dos nenos e nenas menores de 14 anos aos espazos públicos que, salvo contadas excepcións, se realizou cumprindo as normas e respectando as indicacións marcadas dende o goberno.