Novas

Charla sobre seguridade cidadá

O Concello de Salceda de Caselas, por medio da Concellaría de Seguridade que dirixe Jose Luis González, organiza unha charla sobre seguridade cidadá e violencia de xénero mañá xoves ás 20:00 na Casa da Cultura Castelao

II Xornadas de Educación Vial en Salceda

O Concello de Salceda, a través das Concellarías de Tráfico e Ensino, ven de poñer en marcha a segunda edición das Xornadas de Educación Vial, en colaboración con Autoescola Caselas, que se iniciou o pasado luns 19 de maio.