Novas

Ofertas de emprego: 28 de maio

Peón de mantemento de edificios e xardinería para Salvaterra de Miño.
Operario/a con carné de carretilla elevadora para zona de Porriño.
Promotor/a para venda de electrodomésticos para Tui.
Probas selectivas para a Garda Civil.
Boletín semanal de emprego.

Roteiro “Salceda Festbier”

O domingo 8 de Xuño ten lugar dende o torreiro da Igrexa de Santa María, o I Roteiro “Salceda Festbier” que partirá ás 10:00 para facer un percorrido circular de 10km. Contará cun avituallamento a metade de camiño.

BANDO INFORMATIVO

O recibo polo servizo de sumidoiro do ano 2013 recolle o incremento do Canon por Coeficiente de Verquedura aplicado pola Xunta de Galicia (46,80 €). O prezo aplicado polo Concello para este servizo segue a ser o mesmo que no ano 2012 (38,74€).

II Xincana da Natureza

O vindeiro venres día 30 de maio vai a ter lugar no parque da Gándara a II Xincana da natureza ás 18h. Nesta II Xincana vanse a aumentar o número de xogos-probas que van a ter que superar, ata 6 diferentes.