Novas

IV Curso de música e baile galego Concello de Salceda

A Concellaría de Cultura de Salceda de Caselas, que dirixe Teresa Pérez, ven de abrir o prazo de matrícula para a cuarta edición do curso de música e baile galego que se vai celebrar os vindeiros 27 e 28 de setembro.

En Busca do Callo Perdido III

Este ano con moitas NOVIDADES!!
“En Busca do Callo Perdido III” celebrarase o sábado 6 de setembro e consistirá nunha xincana interxeracional que consiste na superación
dunha serie de probas que se situarán ó longo da vila.
As inscricións poderán remitirse ata o xoves 4 de setembro polas seguintes vías:
Correo electrónico: tenenciadealcaldia@salcedadecaselas.es (no modelo adxunto)
Directamente na Concellería de Deportes ou Pavillón Municipal.