Novas

Campionato zonal de Campo a través

Este sábado a partir das 10:00 horas, na parroquia de Soutelo, no entorno do monte do Borralliño, participarán preto de 600 escolares (nas categorías, benxamín, alevín, infantil e cadete masculibno e feminino) pertencentes a 20 entidades deportivas do Baixo Miño, Condado e Paradanta.

Únete a volta chega a Salceda

No Concello de Salceda presentouse no día de hoxe o programa “Únete a Volta”, ca intervención do Alcalde, Marcos Besada, a Tenente Alcalde Marina Cabaleiro, a Deputada Provincial Marta Iglesias e Ángela Ledo, membro da Anpa do CEP Altamira.

Salceda garante a formación para o emprego.

Os alumnos dos cursos de formación de “Escaparatismo e coordinación no comercio” e “Técnicas de Empaquetado” sairon a facer prácticas a varios dos comercios do municipio.