O Concello de Salceda de Caselas cancela catro préstamos hipotecarios no 2014 de obras dos anos 90.

O concello de Salceda de Caselas cancelou no exercicio pasado 2014 un total de 4 préstamos coas entidades bancarias que tiña vixentes. Os préstamos amortizados datan do ano 1993 ó 1999 por obras que executou o anterior goberno do partido popular neses anos e recurrindo a financiación bancaria, como son:

O préstamo do ano 1994 para a compra do piso onde se ubica a logopeda municipal, a urbanización da rúa rollo no ano 1993 e dous préstamos para a escola obradoiro no torrón no ano 1999 .Os períodos de pago contemplábanse en ata 20 anos.

A débeda financieira do concello diminuiu en 158703,37 € ó longo do ano o que fai que o concello de Salceda de Caselas se situe moi por debaixo da débeda media dos concellos españois que ascende a 885€ por habitante sendo a de Salceda ó inicio do ano 2015 de 153 € por habitante.

O baixo volumen de débeda financieria do concello de Salceda de Caselas e o estricto cumprimento no pago das cuotas, fai que se poidan negociar melloras sustanciais coas  entidades bancarias, xa que tras evaluar e analizar a situación económica do concello se interesasen por ofertar mellores condicións no tipo de interese bancario que repercute nun aforro económico para o concello. A última negociación acadada para o préstamo de pago a proveedores repercutirá positivamente no concello nun aforro medio anual de 12.000 euros, xa que se pactou a baixada do tipo de xuro de 4 puntos porcentuais.

José Luis González, concelleiro de economía e facenda afirma:  “ estanse dando cumprimento a pagos de obras dos anos noventa financiadas con préstamos bancarios e ano a ano conseguimos que o nivel de debeda municipal se reduza. Isto permítenos sentarnos a negociar en mellores condicións coas entidades financieiras repercutindo nun aforro sustancial para as arcas municipais.”

Marcos Besada, alcalde de Salceda,“estamos a dar cumprimento a cada unha das necesidades dos nosos veciños e veciñas mantendo tódolos servizos públicos municipais, ó mesmo tempo que se elimina  débeda dos gobernos do partido popular .”