Vías e obras

Salceda acomete melloras nas rúas do casco urbano

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Vías e Obras que dirixe Miguel González, está a acometer obras de mellora en diversos viais do casco urbano. Estas melloras ascenden a un total de 31.650,60 €, financiados íntegramente pola Deputación de Pontevedra dentro do programa PPOS 2015.

Salceda executa a mellora da estrada Arrotea-Ataúde na parroquia de Picoña

O proxecto, enmarcado dentro PPOS 2015 que financia a Deputación de Pontevedra, contempla a pavimentación do total da estrada, de 816 metros de lonxitude, asi como a construcción de 159 metros de cuneta revestida que conduza a auga aos colectores existentes e aos novos tramos que tamén se van construír.