Cultura e festas

O Entroido, a festa máis tradicional de Salceda

A Casa da Cultura Castelao acolleu esta mañá a presentación da programación de Entroido no Concello de Salceda de Caselas. A Concelleira de Cultura Tere Pérez e a Tenente de Alcalde Loli Castiñeira estiveron acompañadas por representantes dos barrios de A Feira (Felix Méndez) e Castro Barreiro (Óscar Pino e Andrés Troncoso).

Manquiña no “Caselas con C de Comedia”

Este sábado día 15 chega a sedunda sesión do ciclo de humor “Caselas con C de Comedia”, que se celebra no Auditorio Municipal de Salceda, organizado por ACISA coa colaboración do Concello de Salceda, e baixo a xestión de Moita Merda Produccións.

IV Ruta Pincho Folk

Un total de 26 establecementos van participar na ruta, repartidos en duas rutas: venres e sábados. Nos locais serviranse pinchos ao prezo de 1,5 € en horario de 20:00 a 23:59. Queda aberta a participación a todos aqueles gaiteiros, pandeireteiras ou músicos en xeral que desexen asistir e pasar unas boas noites de foliada acompañados coa mellor gastronomía.