Novas

Noites na rúa para dinamizar o comercio local

Un total de 25 establecementos participan na iniciativa, 16 comercios de diversos sectores que ofrecerán descontos do 25% e permanecerán abertos ata as 22:00 horas nos días de actividade, e 9 locais de hostelería que ofrecerán ofertas de “pincho máis consumición” dende 2 €.

O barrio da Bouzavedra completará a súa rede de saneamento

A vindeira semana comezarán as obras  do proxecto de ampliación da rede de saneamento de Bouzavedra, na parroquia de San Xurxo, que lle vai permitir a 24 casas contar con este servizo esencial. O proxecto, en marcha xa dende a lexislatura pasada, sufriu un importante retraso por mor da COVID19, pero agora por fin se fai realidade.

O Equipo de Goberno inicia as negociacións para aprobar a RPT

O Equipo de Goberno do Concello de Salceda ten xa rematada a proposta de Relación de Postos de Traballo (RPT) que este xoves será debatida cos representantes sindicais na mesa xeral de negociación convocada con este único punto na orde do día.

Salceda xa ten regulamento de participación veciñal

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou a aprobación definitiva do regulamento de participación veciñal do Concello de Salceda de Caselas, que entrou polo tanto en vigor, e que será o primeiro regulamento de participación cidadá do Concello de Salceda.